2.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):
a) Enumere as comunidades autónomas ás que pertencen os datos do documento e as súas capitais (1 punto). Costa do Sol: Andalucía: Sevilla; Costa Brava: Cataluña: Barcelona; Illa de Lanzarote: Canarias: Sta. Cruz de Tenerife e Las Palmas de Gran Canaria Pireneo catalán: Cataluña: Barcelona
b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións:
- Analice o tipo de documento e os datos representados (1 punto). Gráfico lineal utilizado para representar a variable da ocupación hoteleira estacional nalgunhas zonas turísticas de España durante os distintos meses do ano 2005. No eixo horizontal aparecen representados os meses do ano, e no eixo vertical a porcentaxe de ocupación hoteleira correspondente a cada una das zonas representadas (Costa do Sol, Costa Brava, Illa de Lanzarote e Pireneo catalán), utilizando diferentes cores para identificar cada unha delas. Os datos recollidos para elaborar a gráfica proveñen dunha enquisa sobre ocupación hoteleira realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
- Explique as causas das diferenzas entre a liña verde e as demais (1 punto).A liña verde representa un tipo de turismo de montaña (Pireneo catalán) que ten unha estacionalidade máis acusada que o turismo de sol e praia, con dous máximos. Nas áreas de montaña practícase un turismo invernal asociado ás estacións de esquí que explica por qué a ocupación máis baixa se rexistra aquí na primavera e outono. O pico de ocupación de verán nas áreas de montaña prodúcese a causa dun incremento do turismo rural e ecolóxico, vinculado á práctica de actividades de contacto coa natureza que máis recentemente se veñen potenciando (sendeirismo, montañismo, rutas verdes,…). As condicións climatolóxicas tamén xustifican as diferenzas entre o Pireneo catalán e as demais localizacións, malia que na illa de Lanzarote a estacionalidade é menor, debido á continuidade relativa das condicións meteorolóxicas (clima subtropical) ao longo do ano.
- Comente as consecuencias negativas dos datos presentados (1 punto). Entre as consecuencias negativas podemos destacar: A dependencia das condicións meteorolóxicas, especialmente significativa nas áreas de montaña, onde a redución de días de neve pode diminuír a utilización das instalacións.No nivel social, o predominio dos contratos temporais causa o aumento do paro en tempada baixa. No ámbito económico, a dependencia extrema do sector turístico é moi significativa. No aspecto ambiental, o predominio do turismo de sol e praia produce unha deterioración da liña de costa e urbanización masiva (grandes infraestruturas como portos deportivos, espigóns, peirao…), a destrución de paisaxes singulares, a sobreexplotación de recursos, conflitos polo uso do solo e da auga –sobre todo con usos agrarios e industriais, especialmente no Mediterráneo-, contaminación mariña, vertido de residuos e sobreexplotación de infraestruturas. A precariedade dos propios establecementos hoteleiros pode repercutir na contaminación visual do contorno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario