viernes, 13 de septiembre de 2019

Tema 5: Dinámicas demográficas actuais: a) Desequilibrios territoriais no movemento natural da poboación. b) Movementos migratorios (1990 á actualidade)


España conta na actualidade con cerca de 47 millóns de habitantes, que se reparten polo territorio de forma desigual. O interior atópase debilmente poboado, mentres que as áreas costeiras presentan unhas elevadas densidades de poboación. Ao mesmo tempo obsérvanse fortes contrastes entre as cidades e o medio rural: cada vez máis poboación habita nas cidades e, porén, no medio rural existen espazos practicamente deshabitados.

Os cambios recentes da poboación española están moi influídos polas migracións internacionais. España foi tradicionalmente un país de emigración; no pasado, numerosos españois emigraron a distintos países do mundo, sobre todo de América Latina e do resto de Europa. Nas últimas décadas as tendencias cambiaron, descendendo o número de españois que emigran e aumentando o número de estranxeiros que veñen ao noso país. Aínda que este saldo positivo foi freado e invertido pola recente crise económica.


a) Desequilibrios territoriais no movemento natural da poboación

A evolución conxunta da natalidade e mortalidade determina o crecemento natural ou vexetativo, é dicir, a evolución que tería a súa poboación se non existisen as migracións exteriores. Este crecemento é desigual no espazo (segundo municipios, provincias e comunidades autónomas), e variou intensamente no tempo como consecuencia do desigual descenso das curvas de natalidade e mortalidade. En conxunto, España está hoxe en pleno réxime demográfico moderno, con taxas de natalidade baixas e de mortalidade estabilizadas -aínda que con tendencia a medrar por mor do avellentamento demográfico-. As taxas de fecundidade son baixas, e non aseguran a taxa de reposición xeracional, de 2,1 fillos por muller.


A taxa de crecemento natural para o conxunto de España actualmente é moi baixa, pois durante os últimos anos situouse por debaixo do 2‰, o que implica que a poboación se mantería estable se non se producisen migracións exteriores. Pero este dato encerra diferenzas espaciais, pois hai áreas con crecementos elevados, mentres que outras teñen valores negativos.


- Os pequenos municipios rurais, sobre todo na metade norte, teñen unha poboación moi avellentada por efecto da emigración, e presentan un crecemento natural negativo, xa que a mortalidade é elevada e a natalidade moi baixa.
- Os municipios rurais de maior tamaño, situados predominantemente na metade sur, presentan unha dinámica natural lixeiramente positiva, xa que foron capaces de reter unha maior cantidade de poboación nova.
- Os municipios urbanos e turísticos teñen dinámicas positivas, xa que contan cunha poboación máis nova, debido aos recentes procesos de inmigración.
- Os crecementos máis altos danse nos municipios que rodean as grandes cidades, onde se asenta poboación moi nova, polo que o número de nacementos é alto en relación coa poboación total.


Por isto, as comunidades autónomas con maiores taxas de crecemento natural son Murcia, Madrid, Andalucía, Cataluña, as dúas comunidades insulares, a Comunidade Valenciana, Navarra e as cidades de Ceuta e Melilla. En xeral, presentan unha estrutura demográfica relativamente máis nova, causada por un comportamento tradicional máis natalista (Andalucía, Murcia e as cidades de Ceuta e Melilla), por ser foco de inmigración interna en épocas pasadas (Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana, Baleares) ou por recibir unha forte inmigración estranxeira desde a década de 1990 (todas elas).


Pola contra, as comunidades autónomas con crecemento natural negativo son aquelas que teñen unha poboación máis avellentada, sobre todo Asturias, Galicia e Castela e León. Estas comunidades presentan unha estrutura demográfica fortemente avellentada, por sufriren unha intensa emigración en épocas pasadas (Galicia e as comunidades do interior peninsular); pola prolongada incidencia da crise industrial de 1975 (rexións de antiga tradición industrial da cornixa cantábrica) e por contar na actualidade con menor inmigración.


b) Movementos migratorios (1990 á actualidade)


A dinámica da poboación non depende só da relación entre nacementos e defuncións (crecemento natural), senón tamén da mobilidade da poboación ou saldo migratorio. As causas das migracións son diversas e as súas consecuencias, complexas.


Os movementos migratorios españois adoitan clasificarse en migracións transoceánicas históricas, ata mediados do século XX, cuxo principal punto de destino foron diversos países de América Latina, e migracións modernas, desde finais da década de 1950, que presentaron unha dobre vertente: as migracións interiores campo-cidade e as migracións exteriores, cara aos países industriais de Europa Central e Occidental.


Dentro das migracións interiores debemos apuntar como se deu un cambio importante, pois pasouse dun dominio das migración interprovinciais cara ós espazos cun maior desenvolvemento dentro do Estado, ás actuais, nas que priman os movementos intraprovinciais vencellados á desconcentración residencial dende as áreas metropolitanas cara ás súas periferias.


Tras a entrada de España na Unión e a superación da crise económica da primeira metade dos anos oitenta do século XX, o país comezou a converterse en destino dos fluxos migratorios internacionais. En 1985, España só contaba cuns 250.000
residentes estranxeiros, o que supoñía un 0,6% da poboación total. Na actualidade, esta cifra supera xa os 5,2 millóns, representando o 11,3% da súa poboación. O desenvolvemento económico desta época transformou España dun país tradicionalmente emigrante a un país receptor de inmigración. Esta inmigración pódese agrupar en catro grandes conxuntos:


- Persoas xubiladas procedentes de Europa Central e do Norte. Son xente que se asenta definitivamente en España, sobre todo na costa mediterránea, atraída por un clima suave e un medio agradable rodeado de bos servizos. Este tipo de poboación, que aumentou de forma notable a comezos do século XXI, non atopa ningunha dificultade para a súa instalación no noso país.


- Directivos de empresas multinacionais, traballadores de alto nivel profesional, xentes do mundo artístico e da cultura. Este grupo de poboación está formado por persoas que proceden na súa maioría da Unión Europea. Veñen a España por cuestións laborais ou porque atopan mellor calidade de vida. Neste colectivo inclúense altos cargos directivos, técnicos, deportistas, estudantes etc.


- Refuxiados políticos. Son persoas que por motivos políticos tiveron que fuxir do seu país. Tamén se inclúen neste grupo os que abandonaron o seu lugar de orixe por conflitos armados, violencia xeneralizada ou por razóns de seguridade persoal.


- Inmigrantes procedentes de países pobres. Este é o grupo máis numeroso da inmigración que chega a España na actualidade. Está formado principalmente por homes, mulleres e nenos procedentes de diversos países de África, América Latina, Leste de Europa e Asia, que veñen na procura de traballo e dunhas condicións de vida máis dignas.


A Unión Europea e España levan a cabo un proceso de regulación para controlar a entrada destes inmigrantes, que atopan moitas dificultades e limitacións para obter o permiso de inmigración e de traballo. Estas persoas poden entrar no país como turistas ou a través das mafias ou redes clandestinas de transporte de inmigrantes. Viaxan en pateras ou caiucos, ou agochados en camións co risco que iso implica para as súas vidas.


Aínda que, como vemos, os inmigrantes proveñen de moi distintos países, certas nacionalidades están máis representadas en función da proximidade xeográfica e dos lazos históricos e culturais. Así, a maior parte dos inmigrantes procede agora de América Latina, norte de África e Europa. Entre os primeiros destacan os ecuatorianos, colombianos, bolivianos e peruanos; entre os segundos predominan os marroquís; e entre os terceiros, os máis numerosos son agora os romaneses, seguidos de británicos, búlgaros, alemáns e italianos. Tamén existe un importante colectivo de chineses.
 

Non obstante, dende o 2010 a inmigración freouse como consecuencia da crise económica. A falta de emprego provocou que viñesen menos estranxeiros e que moitos inmigrantes regresasen aos seus países de orixe (retornos). Polo mesmo motivo, aumentou a emigración de españois (sobre todo, de persoas novas cualificadas) a outros países en busca de traballo. Como resultado, o saldo migratorio en España foi negativo en 2013 (-256.849 persoas) e responsable da perda de poboación no noso país. Malia isto, parece intuírse un novo cambio de tendencia, pois os últimos datos dispoñibles (2017) marcan de novo un saldo migratorio positivo de algo máis de 50.000 persoas, aínda que entre os españois a emigración segue a dominar sobre os retornos (-13.000 persoas no primeiro semestre de 2017).

jueves, 5 de abril de 2018

lunes, 15 de mayo de 2017

El enésimo mapa de geografía humana de España...

... hoy, como veréis, con un objeto de estudio algo diferente.



Como veis, en cualquier caso los ejes principales se siguen viendo con total nitidez. Hasta para esto somos previsibles...



lunes, 8 de mayo de 2017

Guía final del curso

Tema 1

- Práctica: Recoñecer principais elementos do mapa topográfico, realizar correctamente un perfil topográfico

Tema 2

- Teoría:  esta entrada
- Práctica: Comentario de mapa litolóxico. Perfís topográficos da península e de Galicia. Diagramas de modelado (entrada de litoloxía)

Tema 3

- Teoría: estas entradas (2 temas)
- Práctica: mapas do tempo (Enlace 1 - Enlace 2 - Enlace 3) Climogramas (Enlace 1 - Enlace 2) Mapas de coropletas de dominios climáticos, temperaturas ou precipitacións.

Tema 4

- Teoría: esta entrada
- Práctica: comentario de hidrogramas. (Enlace 2 Hidrogramas) Comentario de mapa de recursos hídricos (pax 69)

Tema 5

- Teoría: esta entrada
- Práctica: Mapas de distribución de carballo, sobreira, faia e aciñeira. Gráficos comparativos de cliseries. Mapa de rexións bioxeográficas.

Tema 6

- Teoría: estas entradas (2 temas)
- Práctica: Pirámide de población, gráficos y estadísticas de movimientos naturales de población, cálculo de índices demográficos, en especial el índice sintético de fecundidad.
Fuentes de población. Comentario de mapas, gráficos y estadísticas sobre migraciones. Ejemplo


Tema 7

- Teoría: estas entradas (2 temas)
- Práctica: comentario de paisajes agrarios (guia). Presentaciones. Ejemplos diversos (1, 2, 3)Ejemplo de comentario de paisajes naturales (PAU 2016, lo más cercano a paisaje agrario de los últimos años). Comentario de gráficas, mapas, etc relativos a actividades del sector primario (ejemplo)


Tema 8

- Teoría: esta entrada
- Práctica: ejercicio sobre fuentes de energía, comentario de un paisaje industrial, varios mapas de industria.

Tema 9

- Teoría: aquí
- Práctica: ejercicios sobre el sector turístico (1, 2), comentario de imágenes y mapas de turismo, ejercicios sobre el sector del transporte (1, 2), mapas del PEIT, gráficos sobre comercio, sector público, sector terciario en general. Prácticas adicionales.


Tema 10

- Teoría: aquí
- Práctica: conceptos generales de urbanismo, comentario de planos de Barcelona y Madrid, comentario tipo de plano aplicable a ambas ciudades, mapas de estructura urbana de España, ejercicios de jerarquía urbana (1, 2), prácticas adicionales.


Tema 11

- Teoría:  este tema
- Práctica: mapa de provincias y comunidades autónomas ¯\_(ツ)_/¯

Tema 12

- Teoría: este tema

- Práctica: esto


Vocabulario:

Todo

sábado, 6 de mayo de 2017

Alumnos que deben ir ó exame final

Os seguintes alumnos deben acudir ó exame final do día 11 (xoves) pola tarde, en horario a determinar, cos seguintes temas:

Iván Amboage Villar - 2ª y 3ª Avaliación (Temas 6-10)
Daniel Alejandro Azcárate Manosalva - 1º y 2ª Avaliación (temas 2-8)
Daniel Durán Santiago - 1º Avaliación (temas 2-5)
Antón Rey Matos - 1º Avaliación (temas 2-5)
Anxo Rozas Blanco - 1º Avaliación (temas 2-5)



O resto de alumnos teñen o curso aprobado. Espero ter as notas o luns ou o martes.

Un saúdo