lunes, 30 de enero de 2017

Exercicio comentario paisaxe industrial





a) Identifique as cinco provincias numeradas na figura 1 (1 punto).  1. Burgos; 2. A Rioxa; 3. Álava; 4. Guipúzcoa;  e  5. Cantabria.  

b) Comente os documentos atendendo ás seguintes cuestións: 

  •  Analice os tipos de documentos de todas as figuras e sinale os elementos naturais e humanos que aparecen nas figuras 2 e 3 (1 punto).   
A Figura 1 representa un mapa de base provincial dunha zona do Norte de España onde aparecen diversas provincias das Comunidades Autónomas de Castela-León, A Rioxa, País Vasco e Cantabria. Tamén aparece ao leste parte da Comunidade Foral de Navarra. 

As Figuras 2 e 3 representan unha fotografía aérea dunha mesma zona con varios anos de diferenza, o que permite observar a súa transformación. A Figura 2 representa unha área urbana na que un elemento natural (ría) vertebra e divide un territorio con diferentes usos do solo. A marxe dereita (dende a visión da fotografía) ten un uso residencial con diferentes tipoloxías de edificios e a marxe esquerda  ten un uso industrial relacionado co desenvolvemento dunha industria tradicional que creceu dentro da área urbana deixando a súa negativa pegada estética e ambiental. A Figura 3 representa a mesma área transformada ao eliminar este espazo industrial tradicional e obsoleto por un máis moderno e vangardista cunha elevada calidade sociocultural e ambiental.
 Ademais dos elementos humanos (edificios, vías de comunicación como as pontes que cruzan a ría) podemos observar elementos naturais como a ría e os montes que rodean a cidade. Na fotografía predominan os elementos humanos, xa que os edificios, rúas e vías de comunicación presentan una ampla densidade, mentres que as zonas verdes ou de monte ocupan un espazo moi reducido. 

  • Expoña as características que definen a paisaxe industrial da figura 2 (1 punto).
 A Figura 2 representa unha cidade rodeada dunha área industrial tradicional, degradada ambiental e paisaxisticamente. A ría que vertebra o espazo da fotografía tivo unha intensa especialización nunha actividade industrial (a siderúrxica), deixando á marxe calquera outro tipo de aproveitamento do espazo, o que levaría á poboación a vivir “de costas” á ría ao ser -polo tipo de industria alí asentada- un área hostil para o ser humano, exclusivamente xeradora de recursos e cunha escasa sostibilidade, o que limitaría a calidade de vida dos seus habitantes. Esta figura reflicte os factores de localización das industrias pesadas. 

  • Comente a transformación desta paisaxe (figura 3) relacionándoa coa reestruturación industrial e os novos usos do solo producidos nas últimas décadas (1 punto).
 A Figura 3 amosa unha transformación importante desta área, especialmente da súa marxe esquerda (dende a visión da fotografía). A área industrial contaminante foi transformada, recuperando a ría como eixe vertebrador da cidade ao convertela no principal corredor natural neste espazo urbano aumentando a súa calidade ambiental. Trátase dun espazo terciarizado, peonil, comercial, de lecer e outros servizos.
 Tamén podemos observar na fotografía a aposta por espazos humanizados, máis creativos e innovadores, produto dunha planificación e ordenación do territorio por parte dos poderes públicos. A construción de edificios emblemáticos realizados por arquitectos cunha importante proxección internacional  contribuíu a mellorar a imaxe e o atractivo da cidade. Neste caso o edificio Guggenheim de Frank Gehry, coa súa singular xeometría, converteuse no símbolo máis recoñecido e emblemático da transformación da cidade e a súa aposta por unha cidade que reconcilie a cultura coa natureza e o ser humano co ecosistema do que forma parte

Exercicio fontes de enerxia



a) Localice as provincias da figura 1 onde están situadas as centrais nucleares números 1, 2, 4, 5 e 6 (1 punto). 

 a) 1: Guadalajara  2: Burgos  4: Cáceres  5: Tarragona  6: Valencia

b) Comente os documentos das figuras 2 e 3 atendendo ás seguintes cuestións:  

• Identifique os tipos de documentos e xustifique a evolución recente da enerxía nuclear (1 punto)

Estamos diante de dúas gráficas lineais de áreas apiladas, con datos acumulados de produción e consumo de enerxía. No eixo horizontal amósase o ciclo de anos 1975-2007, e no vertical a cantidade total da produción e consumo nacional de enerxía en ktep (kilotoneladas equivalentes petróleo), diferenciando proporcionalmente entre 4 tipos de enerxías fósiles e enerxías renovables.
As figuras 2 e 3 amosan o incremento da produción e consumo de enerxía nuclear coa construción das centrais produtoras a partir da crise do petróleo en 1973. Desde 1985, a estabilización no seu uso é debida á paralización da construción de novas centrais polo triunfo dos criterios ambientais sobre os económicos xustificada polos riscos que implica o funcionamento destas, pola difícil eliminación dos residuos radiactivos e pola dependencia do uranio enriquecido que utilizan os reactores nucleares, e que debe importarse na súa maioría. 

  • Analice a evolución en España da produción e o consumo de enerxías fósiles (1 punto).

O desenvolvemento económico español e a mellora do nivel de vida dos cidadáns fixo que o consumo de enerxía en España non deixase de medrar e, como pode observarse na figura 2, o ritmo resultou especialmente intenso nas últimas décadas. Podemos observar tamén como nas últimas décadas (a gráfica recolle o período 1975-2007) a importancia das enerxías fósiles (especialmente petróleo e gas natural) non deixou de crecer. O 70% da enerxía consumida procede dos hidrocarburos que se importan case na súa totalidade das principais rexións produtoras do mundo: golfo Pérsico, Caribe, norte de África, golfo de Guinea, Mar do Norte, etc., polo que o grao de autoabastecemento enerxético se reducíu ao 20% do que consumimos.
A evolución da produción de carbón, recuperada en parte trala crise do petróleo, foi decrecendo paulatinamente ata situarse en mínimos históricos en tempos recentes, como consecuencia do esgotamento das mellores vetas e da competencia de produtores estranxeiros. A minería do carbón é hoxe residual. 

 • Explique a evolución das enerxías renovables en relación coas políticas enerxéticas recentes (1 punto). 

O cambio máis importante dos últimos anos da enerxía en España é o relacionado coa importancia crecente das enerxías renovables que, como podemos observar na figura3, xa supoñen arredor dunha quinta parte do total.
A comezos de 1990, este tipo de enerxías non supoñían nin a décima parte da produción, cun claro dominio da enerxía hidráulica sobre as demais. Agora, en cambio, xa superan o 20% do total, cun rápido aumento na de orixe eólica, solar e a biomasa, que xa superan en conxunto a de orixe hidráulica.
A enerxía é un sector fundamental e o seu funcionamento afecta a sociedade e a economía española no seu conxunto, polo que hai décadas se considera necesaria a súa correcta planificación e ordenación. Para logralo, desde 1978 sucedéronse varios Plans Estratéxicos Nacionais (PEN) e en 1999 aprobouse un Plan de Fomento de Enerxías Renovables. Os principais obxectivos que establecen estes plans son a redución da dependencia enerxética, a liberalización do sector, o fomento do aforro e unha maior eficiencia no uso da enerxía, a redución dos efectos contaminantes e o impulso do crecemento das enerxías renovables. 
Estas enerxías baséanse en recursos do propio territorio e xeran menor polución atmosférica ca outras convencionais, polo que se consideran unha alternativa de futuro. O seu desenvolvemento (salvo a hidráulica) é moi recente e apoiouse nas melloras tecnolóxicas para aumentar a súa eficiencia e reducir o seu custo, xunto cunha política de apoio que animou ás grandes empresas a investir nelas, o cal podemos ver reflectido no incremento da produción deste tipo de enerxías que recolle a figura 3.

Mapas industria

Mapas industria

Mapas industria Galicia

viernes, 27 de enero de 2017

Guía 1º parcial 2ª Avaliación: Temas 6-8

Tema 6

- Teoría: pag 108-119, según las indicaciones dadas en clase
- Práctica: Pirámide de población, gráficos y estadísticas de movimientos naturales de población, cálculo de índices demográficos, en especial el índice sintético de fecundidad.
Fuentes de población.



Tema 7

- Teoría: pag 128-135, según las indicaciones dadas en clase. De las páginas 136-137, extraer argumentos sobre ventajas y desventajas de la inmigración para los países de acogida.
- Práctica: Comentario de mapas, gráficos y estadísticas sobre migraciones. Ejemplo


Tema 8

- Teoría: pag. 148-161 (en especial paisajes agrarios y nociones básicas de funciones de la PAC)
- Práctica: comentario de paisajes agrarios (guia). Presentaciones. Ejemplos diversos (1, 2, 3)Ejemplo de comentario de paisajes naturales (PAU 2016, lo más cercano a paisaje agrario de los últimos años). Comentario de gráficas, mapas, etc relativos a actividades del sector primario (ejemplo)


Exercicio comentario paisaxe natural


2.‐ Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos): 

a) Relacione cada número co nome da illa que aparece no documento 1 (1 punto). 

As illas do arquipélago canario citadas son: 1.‐ A Palma 2.‐ Gomera 3.‐ Hierro 4.‐ Fuerteventura 5.‐ Lanzarote 

b) Analice os tipos de documentos e identifique a rexión bioxeográfica á que pertence a imaxe do documento 2 (1 punto).

 O documento 1 é un mapa mudo do arquipélago canario. O documento 2 é unha fotografía panorámica que presenta unha paisaxe correspondente á rexión macaronésica. 

c) Comente os elementos da paisaxe natural que aparecen no documento 2 (1 punto).

En primeiro termo da imaxe atopamos unha vexetación xerófila de matogueira (o faial‐brezal canario, mesturado con tabaibas e cardóns), á beira de palmeiras e un endemismo característico como é o drago. 

No último plano observamos un pico volcánico, na súa meirande parte espido de vexetación. Non obstante, nestas áreas é característico o escalonamento da vexetación en pisos (basal, montano, subalpino, alpino e nival). 

O relevo montañoso, espido de vexetación, culminaría a máis de 3000 m de altitude en puntos como o Teide, habitualmente cuberto de neve. Porén, na imaxe ‐probablemente de primavera ou verán‐, esta cuberta de neve permanente non se observa. 

d) Explique como inflúen os condicionantes físicos no desenvolvemento da vexetación típica desta rexión (1 punto). 

Os condicionantes físicos que inflúen no desenvolvemento desta paisaxe vexetal son: 

  • A situación xeográfica da área na rexión subtropical, nun arquipélago illado, no Océano Atlántico, moi próximo á beira occidental de África. Esta situación favorece a presenza de endemismos e reliquias propias da rexión (ex.: o drago).
  • O relevo, fortemente contrastado, de orixe volcánica, que descende cara ao mar en fortes pendentes. Isto provoca un escalonamento en pisos da vexetación.
  • O clima, de carácter subtropical, está sometido habitualmente á influencia do anticiclón das Azores, aos ventos alisios do NE e aos secos ventos saharianos. As consecuencias son que: 1) na área setentrional, a influencia dos alisios achega maior humidade; 2) na área meridional a sequidade é maior. A paisaxe presenta entón unha gran diversidade, alternando a laurisilva húmida no Norte e a vexetación xerófita nas áreas máis secas do Sur.
  • Os solos, volcánicos, alí onde son máis profundos permiten o crecemento máis exuberante da vexetación. Onde a humidade escasea, o resultado son solos subdesérticos moi pouco aptos para o crecemento da mesma. 

Exercicio poboación sector primario

2.‐ Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos): 

a) A que Comunidades Autónomas pertencen as provincias cunha porcentaxe >12% de poboación activa na agricultura (inclúe gandería, silvicultura e pesca)? (1 punto). 

As comunidades autónomas ás que pertencen as provincias cunha porcentaxe de máis do 12% de poboación activa na agricultura son Galicia, Castela e León, Castela‐A Mancha e Andalucía. 

b) Identifique o tipo de documento e expoña brevemente tres características demográficas e laborais desta poboación activa (1 punto). 

O documento é un mapa que representa España, coa zona peninsular e os arquipélagos canario e balear. Presenta unha escala gráfica e unha lenda; a fonte deste documento é o INE (EPA, Enquisa de Poboación Activa, do ano 2008). É un mapa de coropletas ou corocromático, sobre a división administrativa aparecen en cores as diferentes porcentaxes de poboación activa na agricultura. As características demográficas e laborais da poboación agraria representada son: 
- poboación avellentada; 
- con baixas taxas de natalidade e altas de mortalidade; 
- baixo crecemento vexetativo; 
- elevada importancia do emprego feminino con diferenzas segundo CCAA; 
- forte éxodo rural na segunda metade do século XX e procesos de inmigración en tempos recentes; 
- son unha minoría da poboación activa xa en todas as provincias; 
- alternan situacións de explotación en propiedade con arrendamento, dándose unha case desaparición da parcería;
- en xeral, é unha poboación de escasa cualificación técnica. 

c) Comente as causas xerais das diferenzas entre provincias (1 punto). 

Hai sensibles diferenzas entre provincias, derivadas do desigual proceso de desagrarización. Naqueles territorios onde hai escasa industrialización, sobre todo no interior peninsular, a poboación activa agraria representa unha maior porcentaxe. En áreas urbanas e industriais de gran desenvolvemento como Madrid, País Vasco, Cataluña litoral, Comunidade Valenciana e os dous arquipélagos, as taxas son inferiores ao 8% da poboación activa. Son estas as áreas máis afectadas pola política industrial do "desarrollismo". A desagrarización prodúcese en gran medida debido á mecanización das tarefas agrícolas. O crecemento do parque de maquinaria agrícola non deixou de incrementarse ao longo da última metade do século XX. A capacidade de innovación amosada por agricultores de certas áreas de alta produtividade (horta almeriense, onubense, murciana...) permite obter produtos de máis calidade, capaces de competir vantaxosamente nos mercados; isto explica as maiores taxas de poboación activa das provincias citadas. O réxime de propiedade pode condicionar a taxa de poboación activa agraria. Hai diferentes consecuencias: en provincias de predominio latifundista como Xaén e noutras de predominio hortícola minifundista como Almería, dentro da mesma comunidade autónoma, ostentan altas taxas de actividade. Outros condicionantes son de tipo físico: a dispoñibilidade de terreos de cultivo ‐tan importante na Andalucía interior, Estremadura e Castela‐A Mancha, xunto con terras de Aragón e Cataluña interior‐ facilita que algunhas das provincias destas áreas sexan as de maior especialización agraria; isto implica unha maior taxa de activos agrarios. A PAC (Política Agraria Común) potenciou diferentes tipos de agricultura, que afectou sobre todo á España mediterránea. Alí é onde subsisten as maiores explotacións cerealísticas e a horticultura mediterránea. 

d) Explique as consecuencias derivadas desas diferenzas e algunha posible solución de futuro (1 punto). 

As consecuencias derivadas da escasa poboación activa agraria poden ser: 
  • o despoboamento das áreas rurais e certo abandono da paisaxe agraria
  • incremento dos riscos ambientais; por exemplo, a posibilidade de incremento dos incendios forestais, control dos leitos fluviais, etc.
  • perda de autonomía alimentaria por parte do país
  • risco de perda da diversidade cultural propia das diferentes paisaxes, como consecuencia da uniformización dos monocultivos agrarios. 
Canto ás posibles solucións do sector cabe mencionar:
  • a necesidade de maiores investimentos para mellorar a situación económica da poboación agraria (sobre todo a través do financiamento público)
  • a obriga de maior capacitación agraria da poboación para facilitar o incremento dos seus recursos económicos
  • a potenciación doutras actividades económicas que contribúan globalmente a un desenvolvemento rural sostible
  • o fomento da agricultura ecolóxica e producións con denominación de orixe.

Exercicio pirámide de poboación


2.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos): 

a) Cite as cinco provincias peninsulares máis meridionais co menor índice de envellecemento, recollidas na figura 1 (1 punto) 


Huelva, Sevilla, Cádiz, Almería e Murcia.

b) Identifique a figura 2 e caracterice o modelo da estrutura demográfica á que corresponde. Razoe a resposta (1 punto) 

É una pirámide de poboación, un histograma (úsase para representar as frecuencias dunha variable cuantitativa continua)/ gráfico de barras horizontais, bidireccional que mostra a estrutura demográfica da poboación, por sexo e idade, nun momento determinado.
No eixo vertical temos os rangos das idades (5 en 5 anos) e no horizontal os efectivos de poboación masculina e feminina en porcentaxe sobre o total da poboación .
Forma da pirámide propia dos países desenvolvidos con taxas de natalidade moi baixas e unha mortalidade en aumento pola alta esperanza de vida asociada a un réxime demográfico moderno/ postmoderno.
Pirámide contractiva/ forma de urna/ regresiva/ formas triangular ou de parasol, de oxiva ou campá correspondente a unha poboación envellecida. Base estreita por acusada diminución da poboación xoven e ensanchamento da poboación adulta e anciá

c) Explique as causas dos entrantes e saíntes nos grandes grupos de idade (1 punto) 

− Entrante 70 a 74 anos nacidos desde 1938 ata 1942, correspóndese coa caída de nacementos durante a Guerra Civil e a posguerra; este é menos visible nas mulleres pola maior lonxevidade e menores taxas específicas da mortalidade.
− Saínte para os emigrantes retornados de máis de 60 anos.
− Saínte correspondente ao baby boom dos 60 para os maiores de 40 anos (grupos de idade nacidos entre 1962 e 1972 aprox.) Forte crecemento vexetativo dos anos do “desarrollismo” e política pronatalista do réxime ditatorial.
− Saínte polo aporte de adultos da inmigración nas idades entre 30 e 39 anos
− Entrante moi significativo pola baixada da fecundidade nos 90, asociado aos cambios sociais e culturais (carga económica, incorporación laboral da muller, planificación familiar,...) que acompañan ao final da transición demográfica e redución por mor da crise económica.

  • i. diminución natalidade desde 1979. 
  • ii. Obsérvase mellor a baixada da cohorte de 25 a 29 anos (nacidos a finais dos 80 e comezos dos 90). 
− Saínte por incremento da natalidade que se explica pola inmigración nos primeiros grupos de idade(de 0 a 9 anos). Esta poboación conserva comportamentos de fecundidade propios das rexións de orixe (países subdesenvolvidos)

d) Comente as consecuencias que se poden derivar da estrutura da poboación que reflicte a figura 2 (1 punto) 

− Envellecemento

  • Dedicar maiores recursos á asistencia de anciáns, aumento do gasto destinado ás pensións. 
  • Problemas para o mantemento do Estado do Benestar, os servizos sociais e sanitarios sofren una maior presión.
  • Retraso na idade de xubilación.
  • Menor capacidade de innovación e incremento de modos de vida conservadores e risco de xerontocracia
  • Dificultade para asegurar o reposición xeracional. 
− Leve recuperación demográfica

  • Aínda insuficiente para evitar a crise demográfica que se prevé a medio prazo.
  • Aumento da necesidade de servizos asociados aos primeiros grupos de idades

Exercicio poboación estranxeira


2.‐ Atendendo ao documento (puntuación máxima de 4 puntos): 

a)  Cite cinco provincias que teñan unha taxa de poboación estranxeira entre 12 e 15,9% (1 punto). 


Hai que citar cinco destas provincias: Barcelona, La Rioja, Segovia, Guadalajara, Madrid, Murcia, Málaga, Santa Cruz de Tenerife e Las Palmas.

b) Identifique o tipo de documento e relacione áreas xeográficas cos valores das taxas (1 punto). 

O mapa reflicte a porcentaxe de poboación estranxeira nas provincias españolas. É un mapa de coropletas que representa datos cuantitativos asociados a unidades administrativas (neste caso provincias) utilizando cores de recheo diferentes. O mapa presenta unha clasificación en cinco intervalos de clase (cada clase unha cor) e inclúe una escala gráfica. As áreas xeográficas que se poden diferenciar facilmente son o Levante mediterráneo desde Girona ata Almería, cunha taxa elevada de poboación estranxeira. Pola contra a parte occidental de España e a cornixa cantábrica teñen as taxas máis baixas.

c) Explique as causas das diferenzas das porcentaxes observadas no documento (1 punto). 

Como causas das diferenzas das porcentaxes pódense citar:

  •  O crecemento económico baseado en gran medida no boom inmobiliario (“o ladrillo”); este crecemento aumentou a oferta de postos de traballo en sectores que non eran cubertos por man de obra española. O resultado foi un maior crecemento dos estranxeiros nas áreas máis turísticas de España (Mediterráneo e arquipélagos) e máis dinámicas economicamente. Os inmigrantes cubrirán postos de traballo nos sectores da construción, dos servizos (hostalaría, fogar) e tamén da agricultura mediterránea (por exemplo, cultivo baixo plástico), como sería o caso de Almería, Murcia ou Lleida.
  • No caso de Madrid e as provincias limítrofes e Barcelona hai que ter en conta que os inmigrantes se sitúan nas dúas metrópoles españolas para logo buscar traballo. Madrid e Barcelona actuaron como centros de distribución de traballadores inmigrantes.
  • No litoral mediterráneo e as illas atópase unha inmigración de poboación xubilada da Europa noroccidental, debido á forte acollida que propicia o clima suave desta zona.
  • A menor incidencia da inmigración en Galicia e a cornixa cantábrica explícase polo menor efecto do boom inmobiliario (non se construíron tantas casas coma no Mediterráneo) e o tipo de agricultura, cun maior peso da gandería no produto final e non tan  orientada cara ó mercado exterior como a mediterránea. 


d) Comente as consecuencias das diferenzas representadas no documento (1 punto). 

Como consecuencias pódense citar aspectos:

  • demográfico: a poboación española medra no último decenio do século XX e comezos  do XXI; no censo de 1991 ten 38.872.268 habitantes; no do 2001, 40.847.371; e no censo de 2011, 46.815.916. Este incremento está influído pola inmigración. A fecundidade en España tamén varía na segunda metade dos 90, sendo o punto de inflexión 1996 co número de fillos por muller máis baixo. No 2003 as mulleres españolas tiñan como media 1,26 fillos e as estranxeiras 1,90
  • económico ou laboral: a inmigración supón (polo perfil de idade dos inmigrantes) un aumento da poboación activa española ata case 23 millóns de persoas, con consecuencias importantes, entre outras para as pensións.
  • aspecto social: tamén se pode mencionar cos posibles problemas de integración, a aparición de actitudes xenófobas, as mafias vinculadas á inmigración irregular e os problemas humanos desta. É moi importante o fenómeno migratorio das últimas décadas: o cambio social máis importante na España do século XXI.

jueves, 26 de enero de 2017

Estadísticas INE

Estadistica migraciones 2014 INE

Estadísticas migraciones 1º semestre 2015 INE

Proyección población España 2014-2064

Como calcular el índice sintético de fecundidad

Calcula y analiza el índice sintético de fecundidad de la provincia de Pontevedra en 2011 de acuerdo con los siguientes datos:

 
Edad Número de mujeres Nacidos vivos
15-19 20.280 127
20-24 23.752 480
25-29 29.097 1.511
30-34 39.370 3.233
35-39 41.207 2.284
40-44 38.371 512
45-49 35.211 28







Resolución:

Multiplicar nº nacidos por número de años del intervalo (en el primer tramo 127 * 5 (15 - 16 - 17 - 18 -19; cinco años) y dividirlo entre el número total de mujeres.

127*5= 635; 635/20280= 0.03

Repetir la operación con el resto de tramos

(480*5)/23752= 0.10
(1511*5)/29097= 0.26
(3233*5)/39370= 0.41
(2284*5)/41207= 0.28
(512*5)/38371= 0.07
(28*5)/35211= 0.003

Y, finalmente, se suman todos los resultados: 1.12. Ese resultado final es el número medio de hijos por mujer, y como vemos es notablemente inferior al reemplazo generacional, fijado en 2.1 hijos por mujer.

domingo, 22 de enero de 2017

Tarea ejercicio paisaje rural

ACTUALIZACIÓN: Fecha entrega definitiva: 2 de febrero

Realizad el ejercicio del post anterior. Podéis utilizar la clase para hacerlo. Debe estar listo para entregar el jueves.

Cuando terminéis, id leyendo el tema de la industria, así como las partes del tema 4 relativas a las fuentes de energía, que vamos a retomar, para ponernos con ello en cuanto vuelva.

Un saludo.

Ejercicio comentario paisaje rural