viernes, 27 de enero de 2017

Exercicio pirámide de poboación


2.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos): 

a) Cite as cinco provincias peninsulares máis meridionais co menor índice de envellecemento, recollidas na figura 1 (1 punto) 


Huelva, Sevilla, Cádiz, Almería e Murcia.

b) Identifique a figura 2 e caracterice o modelo da estrutura demográfica á que corresponde. Razoe a resposta (1 punto) 

É una pirámide de poboación, un histograma (úsase para representar as frecuencias dunha variable cuantitativa continua)/ gráfico de barras horizontais, bidireccional que mostra a estrutura demográfica da poboación, por sexo e idade, nun momento determinado.
No eixo vertical temos os rangos das idades (5 en 5 anos) e no horizontal os efectivos de poboación masculina e feminina en porcentaxe sobre o total da poboación .
Forma da pirámide propia dos países desenvolvidos con taxas de natalidade moi baixas e unha mortalidade en aumento pola alta esperanza de vida asociada a un réxime demográfico moderno/ postmoderno.
Pirámide contractiva/ forma de urna/ regresiva/ formas triangular ou de parasol, de oxiva ou campá correspondente a unha poboación envellecida. Base estreita por acusada diminución da poboación xoven e ensanchamento da poboación adulta e anciá

c) Explique as causas dos entrantes e saíntes nos grandes grupos de idade (1 punto) 

− Entrante 70 a 74 anos nacidos desde 1938 ata 1942, correspóndese coa caída de nacementos durante a Guerra Civil e a posguerra; este é menos visible nas mulleres pola maior lonxevidade e menores taxas específicas da mortalidade.
− Saínte para os emigrantes retornados de máis de 60 anos.
− Saínte correspondente ao baby boom dos 60 para os maiores de 40 anos (grupos de idade nacidos entre 1962 e 1972 aprox.) Forte crecemento vexetativo dos anos do “desarrollismo” e política pronatalista do réxime ditatorial.
− Saínte polo aporte de adultos da inmigración nas idades entre 30 e 39 anos
− Entrante moi significativo pola baixada da fecundidade nos 90, asociado aos cambios sociais e culturais (carga económica, incorporación laboral da muller, planificación familiar,...) que acompañan ao final da transición demográfica e redución por mor da crise económica.

  • i. diminución natalidade desde 1979. 
  • ii. Obsérvase mellor a baixada da cohorte de 25 a 29 anos (nacidos a finais dos 80 e comezos dos 90). 
− Saínte por incremento da natalidade que se explica pola inmigración nos primeiros grupos de idade(de 0 a 9 anos). Esta poboación conserva comportamentos de fecundidade propios das rexións de orixe (países subdesenvolvidos)

d) Comente as consecuencias que se poden derivar da estrutura da poboación que reflicte a figura 2 (1 punto) 

− Envellecemento

  • Dedicar maiores recursos á asistencia de anciáns, aumento do gasto destinado ás pensións. 
  • Problemas para o mantemento do Estado do Benestar, os servizos sociais e sanitarios sofren una maior presión.
  • Retraso na idade de xubilación.
  • Menor capacidade de innovación e incremento de modos de vida conservadores e risco de xerontocracia
  • Dificultade para asegurar o reposición xeracional. 
− Leve recuperación demográfica

  • Aínda insuficiente para evitar a crise demográfica que se prevé a medio prazo.
  • Aumento da necesidade de servizos asociados aos primeiros grupos de idades

No hay comentarios:

Publicar un comentario