Vexetación clímax: é aquela vexetación que está en equilibrio coas condicións ambientais dun lugar, é dicir, a vexetación potencial que debería existir nun lugar de non mediaren outros factores cós meramente ambientais.
Vexetación antrópica: Vexetación introducida polo home nun espacio determinado da biosfera polo seu valor económico, ou a degradación da cuberta vexetal existente. Cando a vexetación dunha zona é o resultado da intervención humana, denomínase vexetación secundaria. Un exemplo sería a repoboación de piñeiros e eucaliptos na paisaxe vexetal de clima oceánico.
Laurisilva: Bosque nubrado subtropical, propio de lugares húmidos, cálidos e sen xeadas, con grandes árbores -algunhas perennifolias, de grande altura-, que en España se dá nas illas Canarias, máis concretamente nas vertentes setentrionais das illas occidentais de maior elevación, alí onde o “mar de nubes” -determinado pola afluencia dos alisios- permite o seu crecemento.
Maquis: ecosistema de matogueira mediterránea, formación de especies perennifolias,
principalmente arbustivas, que acostuma refuxiarse sobre solos silíceos. Os madroños, as xaras, os brezos, lentiscos, romeus e outras especies son características desta formación, de maior porte xeralmente que as garrigas.
Landa.- Formación vexetal de matogueira, característica da rexión eurosiberiana e como consecuencia da degradación do bosque mixto atlántico. Está formada por matogueiras como a xesta, o toxo e o breixo, podendo acadar os 3 m de altura. É característica da España húmida, asentándose sobre solos pobres e pouco aptos para o cultivo.

Estiaxe: momento do ano en que un río presenta augas baixas no seu caudal, debido á aridez ou á retención da auga en forma de neve ou xeo en inverno
Cunca fluvial: é a porción de terreo que drena a un colector principal (río ou lago), limitada por unha liña de cumes ou divisoria de augas– liña desde a que as augas correntes flúen en direccións opostas, e que soe coincidir cos niveis máis elevados de determinados sistemas montañosos
Marisma: terreo que normalmente está lixeiramente por debaixo do nivel do mar, que se inunda coas augas mariñas, coas dos ríos que desaugan alí, ou con ambas á vez, e que posúe unha vexetación anfibia
Paisaxe: calquera área da superficie terrestre produto da interacción dos diferentes factores presentes nela e que teñen un reflexo visual no espazo. Defínese polas súas formas: naturais ou antrópicas
Efecto invernadoiro: Concepto medioambiental que refire ao proceso que explica o quentamento da atmósfera terrestre por similitude co que acontece nun invernadoiro; en efecto, a atmósfera pode ser atravesada pola radiación solar calorífica de onda curta, pero non por toda a radiación terrestre de onda larga, gran parte da cal é absorbida polo vapor de auga e o dióxido de carbono.
Ecosistema: conxunto de organismos vexetais e animais que habitan un lugar e que interrelacionan entre sí e co medio que lles é propio.
Avaliación de impacto ambiental: Procedemento técnico-administrativo mediante o cal se avalía á repercusión provocada por un programa, obra ou proxecto con capacidade para xerar alteracións notables no medio ambiente co obxectivo que a autoridade competente poda aceptalo, modificalo ou rexeitalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario