2.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):
a) Localice cinco sistemas montañosos con precipitacións acumuladas anuais superiores a 1.000 mm (1 punto).
Cordilleira Cantábrica Pireneos Macizo Galaico Montes de León Montes Vascos Sistema Central Sistema Ibérico Sistemas Béticos Serra da Tramontana
b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións:
• Identifique o documento e relacione as áreas coas mesmas precipitacións acumuladas coas zonas xeográficas ás que correspondan (1 punto).
Trátase dun mapa corocromático (coropletas) que representa as precipitacións recollidas en cada área en litros/metro cadrado ou milímetros, trata a precipitación acumulada ao longo do ano e que consiste na suma total das precipitacións recollidas en cada área xeográfica, representa o territorio de España que abarca a Península e os arquipélagos canario e balear. As liñas que dividen cada área son isohietas, que unen puntos con igual cantidade de precipitacións.
Podemos agrupar a lenda do mapa en tres grandes conxuntos España húmida, España árida e España seca.
Máis de 800 mm España húmida abrangue toda Galicia, a cornixa cantábrica, as estribacións dos Pireneos e as maiores alturas dos sistemas montañosos.
400-800 mm España seca sería o resto da península e Baleares, salvo o sueste, interior do val do Ebro, así como as partes máis elevadas das Illas Canarias.
200-400 mm España árida estenderíase polo sueste peninsular (Murcia e Almería), interior do val do Ebro e as zonas baixas das Illas Canarias.
En xeral, podemos apreciar que a precipitación diminúe de norte a sur e de oeste a leste, debido a que a maioría das frontes de chuvia entran polo noroeste e que cando chegan ao sueste se encontran moi debilitados por ter que atravesar a meseta e os seus rebordos montañosos.

• Explique os factores xeográficos e termodinámicos que condicionan as áreas con precipitacións acumuladas superiores aos 1.000 mm (1 punto).
A España húmida con máis de 1000 milímetros anuais abrangue a meirande parte de Galicia, da cornixa cantábrica e as estribacións dos Pireneos, todo isto con clima oceánico e asi como as maiores alturas dos sistemas montañosos peninsulares e da illa de Mallorca.
Os factores xeográficos que inflúen nesta área son: a latitude temperada, a altitude media elevada favorece a condensación e a precipitación coa baixada da temperatura, a proximidade ao mar que facilita a chegada de masas de aire de procedencia marina, a disposición do relevo que actúa de pantalla orográfica, a chegada de masas de aire procedentes do Atlántico, ou a propia disposición das Rías galegas de SO a NE que facilitan así mesmo a chegada das mencionadas masas de aire húmidas.
Os factores termodinámicos están relacionados coa circulación xeral atmosférica: a chegada -en superficie- das borrascas da Fronte Polar, con ventos do Oeste predominantes, así como a afluencia de masas de aire polares e árticas en inverno e a influencia das masas de aire tropical húmido –especialmente nos equinoccios- xustifican a presenza de maiores precipitacións totais nas superficies indicadas.
A España húmida recibe mais precipitacións debido ao debilitamento da influencia do anticiclón das Azores cara ao Norte. No caso dos sistemas montañosos, estes exercen o chamado efecto barreira, facendo que as masas de aire se eleven e precipiten na vertente de barlovento.
• Relacione as áreas con precipitacións acumuladas inferiores aos 400 mm cos dominios climáticos aos que correspondan (1 punto).
A España seca ou semidesértica (menos de 400 milímetros) estenderíase polo interior do val do Ebro e áreas máis interiores da Meseta, ademáis do sueste peninsular. Nos dous primeiros casos, é a elevada continentalidade, o encaixamento entre montañas, coa perda de humidade dos ventos dominantes, o que dá lugar a estas áreas semidesérticas. O sueste peninsular, aínda que limítrofe co Mediterráneo, ten moi poucas precipitacións, xa que as frontes procedentes do Atlántico e as borrascas mediterráneas chegan aquí moi debilitadas. O clima mediterráneo seco, subdesértico e estepario correspóndese co SE peninsular e a zona media do val do Ebro.
Canarias ten escasas precipitacións debido á incidencia durante case todo o ano do anticiclón das Azores, centro de acción nesta latitude subtropical. A afluencia de ventos secos africanos e a corrente mariña fría de Canarias tamén contribúen á falta de precipitacións nesta área. De resultas de todo isto, en Canarias predomina un clima subtropical.
No hay comentarios:
Publicar un comentario