2.- Comente os documentos presentados atendendo ás seguintes cuestións (puntuación máxima de 4 puntos):
Relacione o número de cada imaxe cunha letra da figura inicial (1 punto).
A 1; B 2; C 3; y D 4.
A 1; B 2; C 3; y D 4.
Identifique os tipos de rochas predominantes en cada paisaxe especificando a súa orixe xeolóxica (1 punto).
Na fotografía 1 estamos diante dunha paisaxe granítica, concretamente diante dunha pedra cabaleira nun berrocal, característico da España silícea. Esta área está formada por rochas cristalinas e ríxidas da era precámbrica e primaria, nas que predomina o granito.
A fotografía 2 amosa unha paisaxe de badlands ou “terras malas” de relevos con cárcavas propia de áreas onde hai depósitos sedimentarios pouco resistentes (arxilas, margas, conglomerados ou xesos), depositados a finais do Terciario e Cuaternario.
A fotografía 3 é a paisaxe dun relevo formado por sedimentos da era secundaria e comezos do terciario, pregados durante a oroxenia alpina. Corresponde a páramos, unha estrutura de relevo tabular que se asenta sobre terreos calcarios.
A fotografía 4 corresponde a un val fluvial que debuxa unha profunda foz. A litoloxía predominante é calcaria formada nos fondos mariños na era secundaria e relaciónase co relevo cárstico, no que as gorxas ou foces son vales estreitos e profundos con vertentes abruptas, causadas pola erosión fluvial.
Analice os procesos erosivos e os tipos de modelado resultantes en cada caso (2 puntos).
A paisaxe da fotografía 1 reflicte os procesos de modelado do relevo granítico, nos que as propias características desta rocha, cristalina e ríxida, dan lugar a alteracións físico-químicas que inclúen a xelifracción, formando gretas ou diaclasas que fenden as rochas e dan lugar a tors que, tras unha acción continuada, poden fender as rochas e dar lugar a caos de bolas, penedos, etc.
A fotografía 2 dá lugar a unha paisaxe de cárcavas sobre rochas febles, alí onde hai unha alternancia de períodos secos e cálidos con outros de choivas torrenciais, curtas e intensas, e sen existir protección vexetal (especialmente no SE peninsular). Con estas condicións, as arroiadas provocan un forte desgaste nas vertentes, formando cárcavas ou badlands.
A fotografía 3, que se corresponde cunha área de relevo tabular, explícase pola existencia de rochas máis duras (especialmente calcarias) no nivel superior do relevo. A medida que a auga e outros axentes erosivos van actuando sobre o relevo, as capas inferiores máis brandas son erosionadas, dando lugar a fondos de val abertos ou campiñas, mentres no alto, as chairas estruturais darán lugar aos páramos e outro tipo de relevos tabulares máis, que quedan en resalte, a xeito de relevos residuais reducidos (mesas, moas, etc.).
A fotografía 4 correspóndese cunha paisaxe cárstica; rochas duras que se fracturan formando gretas, e as súas formas resultan tanto da disolución subterránea como da acción da auga en superficie. Algunhas das formas características son o canón, garganta ou foz; tamén formaranse covas con estalactitas, estalagmitas que unha vez afundidas darán lugar a depresións: dolinas, uvalas, poljes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario