2.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):
a) Enumere as 4 unidades do relevo marcadas coas letras A, B, C, D no mapa (1 punto):
A.- Cordilleira Costeira-Catalá B.- Montes Vascos C.- Montes de Toledo D.- Serra da Tramontana
b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións:
b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións:
Identifique o documento e complete a lenda (1 punto):
Mapa da Península e arquipélagos canario e balear de tipo corocromático-temático coa trama de provincias , a rede fluvial principal e a representación corocromática da litoloxía predominante na península e nos arquipélagos.
Número 1 coa cor verde: Área silícea
Número 2 coa cor vermella: Área calcaria
Número 3 coa cor amárela: Área arxilosa
Número 4 coa cor azul: Área volcánica
Orixe xeolóxica e localización de cada área/dominio (1 punto):
Área silícea:
- Rochas moi antigas, do Precámbrico e do Paleozoico que foron antigos macizos arrasados.
- Localízanse nas rexións nas que aflora o vello zócalo herciniano da Meseta e en zonas de outros macizos antigos. Todo o terzo oeste peninsular (excepto zona de Lisboa) e se estende cara o oeste da Cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Montes de Toledo e Serra Morena; e formando manchas illadas, no eixe central dos Pireneos, Penibéticas, algunhas serras do Sistema Ibérico e a Cordilleira Costeira-Catalá.
Área calcaria:
- Rochas sedimentadas durante o Mesozoico e comezos do Terciario que co pregamento alpino formaron os conxuntos montañosos da zona oriental española.
- Esténdese formando unha Z invertida, desde as costas catalanas ata o estreito de Xibraltar. Pireneos, Sur da Cordilleira Costeira-Catalá, Montes Vascos, e metade oriental da Cordilleira Cantábrica, Sistema Ibérico e Subbéticas. Domina no arquipélago balear, salvo as chairas centrais.
Área arxilosa:
- Rochas que foron depositadas a finais do Terciario e no Cuaternario.
- Se estende polas depresións terciarias: as concas castelás, as depresións do Ebro e Guadalquivir; as chairas litorais mediterráneas e a depresión do Sado-Texo.
Área volcánica:
- Nas erupcións volcánicas durante a era terciaria, ascenderon masas de rochas volcánicas.
- Illas Canarias e zonas da península como Cabo de Gata, Olot e Campo de Calatrava.
Rochedo predominante e exemplos de modelado correspondente (1 punto):
Área silícea:
- Poden ser metamórficas como as lousas, xistos ou gneis, ou ígneas como o granito.
- Relevo granítico: areas pardoamarelas, cristas, pedregais, domos, barrocais, caos granítico.
Área calcaría:
- Rocha predominante e a calcaria.
- Relevo cárstico: lapiás, foces, poljés, dolinas, covas e simas.
Área arxilosa:
- Rochas como as arxilas, margas e xesos.
- Forman relevos basicamente horizontais, por non sufrir pregamentos posteriores. A súa rápida erosión xera:
- Zonas de escasa vexetación: cárcavas que poden orixinar os badlands.
- Zonas onde a erosión dos ríos abriu vales que separan estruturas horizontais con alternancia de materiais e orixinan chairas suavemente onduladas: as campiñas.
Área volcánica:
- Segundo a viscosidade da lava e a proporción de produtos sólidos poden ser: lapilli, escorias, bombas volcánicas ou coladas.
- Formas máis características: conos volcánicos, calderas, domos, malpaíses, diques, barrancos volcánicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario