martes, 18 de abril de 2017
Vocabulario examen 25/04
Taxas aeroportuarias: Impostos sobre diversas actividades que realicen persoas naturais ou xurídicas nos aeroportos de uso e administración pública.
Tour operadores: Sistema de organización do turismo por parte de axencias especializadas, que lle facilitan ao turista a xestión total da viaxe, dende a estadía ata as visitas pasando polo resto dos pormenores organizativos.
Ecoturismo: Tendencia do turismo alternativo, diferente ao turismo tradicional. Priorízase manter o benestar das poboacións locais, minimizando os impactos negativos para o medio ambiente e a comunidade local.
Área metropolitana: espacio moi urbanizado que engloba unha cidade central que dá nome a área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais, comerciais e servizos, todo organizado de xeito centralizado
Área suburbana: Territorio próximo ás cidades que polas súas características constitúe unha zona de transición entre o núcleo urbano propiamente e o espazo rural adxacente.
Cualificación do solo: Determinación do plan urbanístico consistente en detallar ou establecer pormenorizadamente o destino do chan previamente clasificado (urbano, urbanizable e non urbanizable). Con ela determínanse os usos e a edificabilidade
Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU):Instrumento de ordenación integral do territorio. Contén a clasificación do solo, definición dos elementos fundamentais da estrutura xeral do territorio (como poden ser fixar os espazos libres, de equipamento comunitario, os sistemas xerais de comunicación etc.), desenvolvemento, execución e a vixencia do plan. Adoita ser municipal, Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Unidade veciñal de absorción (UVA): Concepto urbanístico, que refire as intervencións do Instituto Nacional da Vivenda durante a etapa do desarrollismo para combater o fenómeno do chabolismo na periferia das grandes ciudades (barrios de Fuencarral, Hortaleza, Vallecas e Villaverde nos 60), consistente na planificación de edificacións prefabricadas de vida útil prevista de cinco anos.
Xentrificación: Concepto urbanístico, que refire ao proceso de transformación económica, social e cultural dun antigo barrio degradado e/ou residencial de clase social baixa cando pasa progresivamente a ser habitado por inquilinos de clase media-alta
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario