miércoles, 19 de octubre de 2016

Litoloxía e modelado


Derivado da evolución xeolóxica da Península, existen tres grandes áreas diferenciadas polo tipo de rochedo: Área silícea, Área calcária. Área arxilosa. Pola súa banda, a erosión creará , distintos tipos de relevo ou de modelaxe:granítico, cárstico, arxiloso ou de erosión diferencial.

ÁREA SILICEA: Está formada por rochas antigas de era precámbrica e paleozoica. Localízase maioritariamente no Oeste peninsular, parte da Cordilleira Cantábrica, do Sistema Central, Montes de Toledo e Serra Morena.  Tamén en zonas do eixe dos Pireneos, sectores do Sistema Ibérico , da Cordilleira Costeiro-catalá e da cordilleira Penibética. A rocha predominante é o granito, que se altera de diversas formas, dando lugar a distintos tipos de relevo granítico.
A principal é a fractura por diaclasas, dando lugar a diversas formas segundo a altitude: 



Barrocal

Pedra cabaleira


AREA CALCARIA Formada por rochas da era secundaria pregadas na era terciaria. Forma unha Z invertida estendéndose polos Pireneos, Montes Vascos, sector oriental da cordilleira Cantábrica, o Sistema ibérico, parte da Cordilleira Costero-Catalá e a cordilleira Subbética. A rocha predominante é a calcaria,rocha dura que de disolve facilmente con auga. Da lugar a o relevo cárstico,un relevo complexo con diversas formacións:
- Gargantas ou foces, vales estreitos e profundos enmarcados en abruptas vertentes causados polos ríos.
- Covas, fórmanse ao infiltrarse a auga e circular subterraneamente, escavando galerías, nelas adoitan formarse estalactitas e estalagmitas. 
- Etc.

 
Foz o garganta

Cova con estalactitas


AREA ARXILOSA: Esta formada por rochas sedimentarias das eras terciaria e cuaternaria. Locálízase nas concas da Submeseta norte e sur, nas depresións do Ebro e no Guadalquivir, e nas áreas afundidas e chairas costeiras. A rocha predominante é a arxila, de escasa resistencia á erosión. Isto da lugar a un relevo horizontal de dous tipos:

- Cando os ríos abren vales, orixinando as campiñas, chairas suavemente onduladas.

- Nas zonas onde se alternan longos períodos secos e calorosos con outros de chuvias torrenciais, e non hai protección vexetal, auga desgasta fortemente as vertentes formando cárcavas ou sucos estreitos e profundos separados po arestas. Isto orixina unha paisaxe peculiar de badlands.

Cárcavas

Badlands



En cada unha destas tres areas, e frecuente atopar rochas de distinta orixe e resistencia. A erosión actuará de xeito selectivo segúndo os materiais e a súa disposición en estratos (erosión diferencial).

- Cando os estratos son horizontais alternándose materiais duros e brandos, os ríos abren grandes plataformas chamadas páramos ou mesas. Os páramos teñen un cume horizontal correspondente ao estrato máis duro. Os flancos, de materiais máis brandos, erosiónanse máis rápidamente, reducíndose os páramos e convertíndose en cerros testemuña, outeiros de teito horizontal ou antecerros, cando perden o teito de material duro.

O espazo que separa os páramos vaise ensanchando ao erosionarse os materiais brandos, formando as campiñas. Este tipo de relevo observase nas concas sedimentarias da Meseta e nas depresións do Ebro e o Guadalquivir. 

- Cando os estratos está suavemente inclinados (relevo en costa), alternándose materiais duros e brandos. No estrato duro inclinado distínguese un dorso ou reverso, e unha fronte cunha cornixa de forte pendente. Na parte branda unha parte inferior cóncava. Tamén aparecen cerros testemuña e antecerros polo retroceso das costas. 




Cando os estratos están pregados, e formados igualmente por alternancia de materiais duros e brandos orixínanse dous tipos de relevo: 

- Relevo apalachense.Relevo montañoso herciniano arrasado e aplanado pola erosión, que experimenta un novo levantamento que reactiva a erosión. Esta forma alternancia de cristas , serras longas paralelas de altitude similar con materiais duros. vales, compostos por materiais brandos. Atópanse na parte occidental da cordilleira Cantábrica, Montes de Toledo e Serra Morena

- Relevo xurásico: Formase nas cordilleiras novas altérnanse anticlinais (dobras convexas), e sinclinais (dobras cóncavas). Nos anticlinais a erosión da auga crea cluses, vales perpendiculares ao cumio; combes, vales paralelos ao cumio. Cando a erosión arrasa o estrato duro dos anticlinais, estes convértense en vales por debaixo dos sinclinais, que quedan levantados (sinclinais colgados). A posterior erosión doval anticlinal sacará á superficie o sinclinal do estrato inferior (anticlinal exhumado). Temos exemplos deste relevo no Sistema Ibérico, parte oriental da Cordilleira cantábrica, nos Pireneos e nas Cordilleiras Béticas. 




A área volcánica integra fundamentalmente o arquipiélago canario e tamén algúns sectores de vulcanismo terciario da Península Ibérica (Campo de Calatrava, Campo de Olot, Cabo de Gata, Mar Menor). As illas Canarias son de orixe volcánica. Formáronse na era terciaria, cando a oroxénese alpina rompeu o fondo do Atlántico e, a través das súas fracturas, ascenderon grandes masas de rochas volcánicas que deron lugar ás illas. Os tipos de relevo máis característicos de Canarias son :

- Os conos volcánicos
-As caldeiras
-Os malpaíses
- Os diques ou muretes volcánicos e os roques ou agullas volcánicas
- Os barrancos 


Malpaís

Roque

No hay comentarios:

Publicar un comentario