viernes, 11 de noviembre de 2016

Guía 1ª Avaliación: Geografía física

Tema 1

- Teoría: Espacio xeográfico (páxina 6-7, puntos 2.1 y 2.2)
- Práctica: Recoñecer principais elementos do mapa topográfico, realizar correctamente un perfil topográfico

Tema 2

- Teoría: páxinas 20-35. A división en unidades morfoestructurais estúdiase por esta entrada. A litoloxía estúdiase por esta entrada.
- Práctica: Comentario de mapa litolóxico. Perfís topográficos da península e de Galicia. Diagramas de modelado (entrada de litoloxía)

Tema 3

- Teoría: pax 44-55. As páxinas 44, 45 e 47 se poden estudiar por esta entrada (mellor organizado). Tratamos o clima de montaña como o 5º conxunto climático, con as súas características propias, a diferencia do libro. A parte de vexetación se solapa có tema 5, non fai falla estudiala 2 veces.
- Práctica: mapas do tempo (Enlace 1 - Enlace 2 - Enlace 3) Climogramas (Enlace 1 - Enlace 2) Mapas de coropletas de dominios climáticos, temperaturas ou precipitacións.

Tema 4

- Teoría: páxinas 64-69. O mapa da páxina 65 é de confederacións hidrográficas, non de cuncas.
- Práctica: comentario de hidrogramas. (Enlace 2 Hidrogramas) Comentario de mapa de recursos hídricos (pax 69)

Tema 5

- Teoría: páxinas 88-90, 94-99
- Práctica: Mapas de distribución de carballo, sobreira, faia e aciñeira. Gráficos comparativos de cliseries. Mapa de rexións bioxeográficas.









Mapa litolóxico PAU 2012

2.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos): 

a) Enumere as 4 unidades do relevo marcadas coas letras A, B, C, D no mapa (1 punto):

A.- Cordilleira Costeira-Catalá   B.- Montes Vascos   C.- Montes de Toledo   D.- Serra da Tramontana

 b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións: 

Identifique o documento e complete a lenda (1 punto):

Mapa da Península e arquipélagos canario e balear de tipo corocromático-temático coa trama de provincias , a rede fluvial principal e a representación corocromática da litoloxía predominante na península e nos arquipélagos.

Número 1 coa cor verde: Área silícea
Número 2 coa cor vermella: Área calcaria
Número 3 coa cor amárela: Área arxilosa
Número 4 coa cor azul: Área volcánica
 
Orixe xeolóxica e localización de cada área/dominio (1 punto):

Área silícea:
  • Rochas moi antigas, do Precámbrico e do Paleozoico que foron antigos macizos arrasados. 
  • Localízanse nas rexións nas que aflora o vello zócalo herciniano da Meseta e en zonas de outros macizos antigos. Todo o terzo oeste peninsular (excepto zona de Lisboa) e se estende cara o oeste da Cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Montes de Toledo e Serra Morena; e formando manchas illadas, no eixe central dos Pireneos, Penibéticas, algunhas serras do Sistema Ibérico e a Cordilleira Costeira-Catalá.

Área calcaria:
  • Rochas sedimentadas durante o Mesozoico e comezos do Terciario que co pregamento alpino formaron os conxuntos montañosos da zona oriental española.
  • Esténdese formando unha Z invertida, desde as costas catalanas ata o estreito de Xibraltar. Pireneos, Sur da Cordilleira Costeira-Catalá, Montes Vascos, e metade oriental da Cordilleira Cantábrica, Sistema Ibérico e Subbéticas. Domina no arquipélago balear, salvo as chairas centrais.

Área arxilosa:
  • Rochas que foron depositadas a finais do Terciario e no Cuaternario.
  • Se estende polas depresións terciarias: as concas castelás, as depresións do Ebro e Guadalquivir; as chairas litorais mediterráneas e a depresión do Sado-Texo.
Área volcánica:
  • Nas erupcións volcánicas durante a era terciaria, ascenderon masas de rochas volcánicas.
  • Illas Canarias e zonas da península como Cabo de Gata, Olot e Campo de Calatrava.
     
Rochedo predominante e exemplos de modelado correspondente (1 punto):

Área silícea:
  • Poden ser metamórficas como as lousas, xistos ou gneis, ou ígneas como o granito.
  • Relevo granítico: areas pardoamarelas, cristas, pedregais, domos, barrocais, caos granítico.
Área calcaría:
  • Rocha predominante e a calcaria.
  • Relevo cárstico: lapiás, foces, poljés, dolinas, covas e simas.
Área arxilosa:
  • Rochas como as arxilas, margas e xesos.
  • Forman relevos basicamente horizontais, por non sufrir pregamentos posteriores. A súa rápida erosión xera:
    • Zonas de escasa vexetación: cárcavas que poden  orixinar os badlands.
    • Zonas onde a erosión dos ríos abriu vales que separan estruturas horizontais  con alternancia de materiais e orixinan chairas suavemente onduladas: as campiñas.
Área volcánica:
  • Segundo a viscosidade da lava  e a proporción de produtos sólidos poden ser: lapilli, escorias, bombas volcánicas ou coladas.
  • Formas máis características: conos volcánicos, calderas, domos, malpaíses, diques, barrancos volcánicos.

Mapa tiempo PAU 2013

2.‐ Atendendo aos documentos, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):

a) Localice as provincias numeradas do 1 ao 4 (Figura 2), indicando cales están en alta e cales están en baixa presión (1 punto).

Provincias:    1: Sta. Cruz de Tenerife: alta presión   2: Cidade  Real: alta presión   3: Navarra: baixa presión   4: Teruel: baixa presión
 
b) Comente o documento (Figura 1) seguindo as seguintes cuestións: 

Identifique o tipo de documento, as figuras isobáricas, frontes e a localización -a grandes trazos- destes (1 punto).

Estamos diante dun mapa meteorolóxico de superficie, no que se expresa a presión atmosférica en isóbaras e se localizan diferentes centros de presión, así como outras figuras isobáricas (frontes cálidas, frías e ocluídas). Distinguimos no mapa dous centros de altas presións, un sobre o continente africano e outro sobre o Océano Atlántico, ao Oeste das illas Azores -con 1024 mb de presión no seu centro-; e dous centros de baixas presións ubicados no Atlántico Norte, ao Noroeste de Irlanda -con 956 e 960 mb de presión no seu centro, respectivamente-. Asociados aos centros de baixa presión temos unha cadea ou familia de frontes, con alternancia de frontes cálidas, frías e ocluídas. Sobre o Mediterráneo constátase a presenza dunha fronte fría procedente do Oeste, que xa varreu a Península Ibérica, e que atrapou a fronte cálida para constituír unha ocluída sobre o continente europeo e as Illas Británicas -fronte ocluída asociada ao centro de baixas presións máis profundo, o de 956 mb no seu centro-. A punto de chegar á Península Ibérica, a continuación da fronte fría que vimos de citar, e procedente do Oeste, temos unha fronte cálida que está a punto de atravesar o litoral portugués; máis ao Oeste, sobre o Atlántico, outra fronte fría que xa se converte en ocluída no ollo da depresión de 960 mb, enlazada con outra fronte cálida procedente do Sur e outra fronte fría do Noroeste que se localizan no centro do Atlántico. 
 
Masas de aire e ventos dominantes nas distintas áreas de España (1 punto).

Nesta situación conflúen dúas masas de aire de características contrastadas (a masa de aire polar marítimo, procedente da depresión de Islandia -habitualmente fría e húmida- e a masa de aire tropical marítimo -orixinada nos anticiclóns subtropicais -cálida e húmida-) e á penetración de aire frío procedente do Norte, coado mediante unha profunda valgada asociada aos centros de baixas presións. Produciranse ventos intensos do Oeste debido ao forte gradiente de presión.
 
Situación meteorolóxica e tipos de tempo que cabe esperar nas comunidades de Galicia e de Canarias, significando as diferenzas de temperatura, humidade e precipitación (1 punto).

Con este mapa de isóbaras, cabe esperar un tipo de tempo estable, con temperaturas suaves tendendo a cálidas, e ausencia de nubes, nas illas Canarias, sometidas á influencia do anticiclón das Azores. O grao de humidade, sendo relativamente elevado polo carácter insular das illas, será menor que en Galicia -debido á influencia estabilizadora das altas presións-. Por contra, Galicia, sometida a ventos do Oeste-Suroeste, con baixas presións e forte gradiente de presión debido á proximidade das isóbaras, terá un tempo inestable e húmido, con ceos cubertos e maiores precipitacións na costa occidental e nas superficies montañosas a barlovento. As temperaturas son suaves relacionadas coa fronte cálida que está a chegar. 

Mapa precipitacións PAU 2014




2.- Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):


a) Localice cinco sistemas montañosos con precipitacións acumuladas anuais superiores a 1.000 mm (1 punto).


Cordilleira Cantábrica Pireneos Macizo Galaico Montes de León Montes Vascos Sistema Central Sistema Ibérico Sistemas Béticos Serra da Tramontana

b) Comente o documento atendendo ás seguintes cuestións: 

• Identifique o documento e relacione as áreas coas mesmas precipitacións acumuladas coas zonas xeográficas ás que correspondan (1 punto). 

Trátase dun mapa corocromático (coropletas) que representa as precipitacións recollidas en cada área en litros/metro cadrado ou milímetros, trata a precipitación acumulada ao longo do ano e que consiste na suma total das precipitacións recollidas en cada área xeográfica, representa o territorio de España que abarca a Península e os arquipélagos canario e balear. As liñas que dividen cada área son isohietas, que unen puntos con igual cantidade de precipitacións.
Podemos agrupar a lenda do mapa en tres grandes conxuntos España húmida, España árida e España seca.
Máis de 800 mm España húmida abrangue toda Galicia, a cornixa cantábrica, as estribacións dos Pireneos e as maiores alturas dos sistemas montañosos. 
400-800 mm España seca sería o resto da península e Baleares, salvo o sueste, interior do val do Ebro, así como as partes máis elevadas das Illas Canarias.
200-400 mm España árida estenderíase polo sueste peninsular (Murcia e Almería), interior do val do Ebro e as zonas baixas das Illas Canarias.
En xeral, podemos apreciar que a precipitación diminúe de norte a sur e de oeste a leste, debido a que a maioría das frontes de chuvia entran polo noroeste e que cando chegan ao sueste se encontran moi debilitados por ter que atravesar a meseta e os seus rebordos montañosos.

• Explique os factores xeográficos e termodinámicos que condicionan as áreas con precipitacións acumuladas superiores aos 1.000 mm (1 punto).
 


A España húmida con máis de 1000 milímetros anuais abrangue a meirande parte de Galicia, da cornixa cantábrica e as estribacións dos Pireneos, todo isto con clima oceánico e asi como as maiores alturas dos sistemas montañosos peninsulares e da illa de Mallorca.
Os factores xeográficos que inflúen nesta área son: a latitude temperada, a altitude media elevada favorece a condensación e a precipitación coa baixada da temperatura, a proximidade ao mar que facilita a chegada de masas de aire de procedencia marina, a disposición do relevo que actúa de pantalla orográfica, a chegada de masas de aire procedentes do Atlántico, ou a propia disposición das Rías galegas de SO a NE que facilitan así mesmo a chegada das mencionadas masas de aire húmidas.
Os factores termodinámicos están relacionados coa circulación xeral atmosférica: a chegada -en superficie- das borrascas da Fronte Polar, con ventos do Oeste predominantes, así como a afluencia de masas de aire polares e árticas en inverno e a influencia das masas de aire tropical húmido –especialmente nos equinoccios- xustifican a presenza de maiores precipitacións totais nas superficies indicadas.
A España húmida recibe mais precipitacións debido ao debilitamento da influencia do anticiclón das Azores cara ao Norte. No caso dos sistemas montañosos, estes exercen o chamado efecto barreira, facendo que as masas de aire se eleven e precipiten na vertente de barlovento.


• Relacione as áreas con precipitacións acumuladas inferiores aos 400 mm cos dominios climáticos aos que correspondan (1 punto).

A España seca ou semidesértica (menos de 400 milímetros) estenderíase polo interior do val do Ebro e áreas máis interiores da Meseta, ademáis do sueste peninsular. Nos dous primeiros casos, é a elevada continentalidade, o encaixamento entre montañas, coa perda de humidade dos ventos dominantes, o que dá lugar a estas áreas semidesérticas. O sueste peninsular, aínda que limítrofe co Mediterráneo, ten moi poucas precipitacións, xa que as frontes procedentes do Atlántico e as borrascas mediterráneas chegan aquí moi debilitadas. O clima mediterráneo seco, subdesértico e estepario correspóndese co SE peninsular e a zona media do val do Ebro. 
Canarias ten escasas precipitacións debido á incidencia durante case todo o ano do anticiclón das Azores, centro de acción nesta latitude subtropical. A afluencia de ventos secos africanos e a corrente mariña fría de Canarias tamén contribúen á falta de precipitacións nesta área. De resultas de todo isto, en Canarias predomina un clima subtropical.