Presentación global sobre el relieve español. Muy completa, contiene los cortes topográficos más habituales del relieve de la península
miércoles, 28 de septiembre de 2016
lunes, 26 de septiembre de 2016
martes, 31 de mayo de 2016
lunes, 30 de mayo de 2016
viernes, 27 de mayo de 2016
Tema 2: Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas Canarias e Baleares. Tipos de unidades morfoestruturais
Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas Canarias e Baleares. Tipos de unidades morfoestruturais
a) Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas (da era arcaica ao glaciarismo cuaternario). b) Tipos de unidades: zócolos, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, cuncas sedimentarias.
a) Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas
O relevo actual da Península é o resultado dunha historia xeolóxica de millóns de anos na que se alternaron fases oroxénicas con outras de calma, nas que predominou a erosión e a sedimentación.
1) Durante a era arcaica ou Precámbrico (4.000-600 millóns de anos) emerxeu do mar unha banda arqueada de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda a actual Galicia. Tamén xurdiron elevacións nalgúns puntos illados do Sistema Central e dos Montes de Toledo. Este macizo precámbrico foi arrasado posteriormente pola erosión e cuberto case na súa totalidade polos mares paleozoicos.
2) Na era primaria ou Paleozoico (600-225 millóns de anos) tivo lugar a oroxénese herciniana. Dos mares que cubrían a maior parte da Península xurdiron as cordilleiras hercinianas, formadas por materiais como o granito, lousa e cuarcita. Ao oeste elevouse o Macizo Hespérico, arrasado pola erosión durante a mesma era primaria e convertido en zócalo ou meseta inclinada cara ó Mediterráneo. Ó noreste apareceron os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro, e ó sueste, o Macizo Bético-Rifeño. Todos eles foron tamén arrasados pola erosión e durante a era primaria convertidos en zócolos.
3) A era secundaria ou Mesozoico (225-68 millóns de anos) foi un período de calma no que predominaron a erosión e a sedimentación. Continuou o aplanamento das cordilleiras hercinianas. A inclinación do zócolo da Meseta cara ó Mediterráneo permitiu, nos períodos de transgresión mariña, unha fonda penetración do mar, que depositou no seu bordo oriental unha cobertoira non moi potente de materiais sedimentarios plásticos (calcaria, arenito, marga). Tamén se depositaron enormes espesuras de sedimentos en fosas mariñas situadas nas actuais zonas pirenaica e bética.
4) Durante a era terciaria (68-1,7 millóns de anos) produciuse a oroxénese alpina. Como resultado desta:
- Levantáronse as cordilleiras alpinas, ó pregarse os materiais depositados nas fosas pirenaica e bética entre os macizos antigos, que actuaron como topes. Xurdiron os Pireneos entre os macizos de Aquitania, Hespérico e do Ebro (que acabou afundíndose), e as cordilleiras Béticas, entre os macizos Bético-Rifeño e o Hespérico.
- Formáronse as depresións prealpinas paralelamente ás novas cordilleiras, e entre estas e o macizo antigo: a depresión do Ebro, paralela ós Pireneos, e a do Guadalquivir, paralela ás Béticas.
- A Meseta viuse afectada pola oroxénese alpina. En primeiro lugar pasou a inclinarse cara ó Atlántico, determinando a orientación cara a este océano de boa parte dos ríos peninsulares. En segundo lugar formáronse os bordos montañosos da Meseta. No seu bordo oriental pregáronse os materiais plásticos depositados polo mar na era secundaria, orixinando a parte oriental da cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico. No bordo sur da Meseta, o empuxe das cordilleiras Béticas levantou Serra Morena. Por último, o zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas e fallas. Os bloques levantados formaron o Macizo Galaico e as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo). Nesta era tamén se orixinou o conxunto de natureza volcánica das Illas Canarias.
5) Durante a era cuaternaria (1,7 millóns de anos ata a actualidade) producíronse o glaciarismo e a formación de terrazas fluviais. -
- O glaciarismo afectou ás cordilleiras máis altas (Pireneos, cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Sistema Ibérico e Serra Nevada), dando lugar a glaciares de circo e de val. Os glaciares de circo nas cabeceira dos vales e os glaciares de val no val dándolle a forma de “U”.
- A época glaciar caracterizouse pola formación de terrazas fluviais, antigos chans de inundación abandonados polo posterior encaixamento fluvial. As terrazas son froito das alternancias climáticas do Cuaternario. Os sucesivos ciclos glaciais e posglaciais do Cuaternario deron lugar a terrazas graduadas. Na Península, as máis características son as formadas polo Douro, o Texo, o Guadiana, o Guadalquivir e o Ebro.
b) Tipos de unidades morfoestruturais: zócolos, macizos antigos, cordilleiras de pregamentos, cuncas sedimentarias.
Unidades morfoestruturais. Resultan de movementos tectónicos que se orixinan no interior da Terra e dan lugar a levantamentos, afundimentos e desprazamentos da codia terrestre, e da posterior actuación da erosión e da sedimentación. Ambos os procesos están condicionados pola natureza das rochas. Na Península atópanse presentes as grandes unidades morfoestructurais do relevo continental: zócolos, macizos antigos, cordilleiras de pregamento e concas sedimentarias ou depresións.
1) Os zócolos son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou paleozoico como resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nesta era. Os materiais paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa, cuarcita e xistos. Son ríxidas e ante novos empuxes oroxénicos fractúranse ou rompen. Na actualidade, os zócolos constitúen relevos horizontais que ocupan extensas áreas na metade occidental da Península.
2) Os macizos antigos son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento dun bloque como consecuencia do movemento oroxénico alpino; son materiais paleozoicos. Estes macizos presentan cumes suaves e arredondados. Na Península, constitúen macizos antigos as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), o Macizo Galaico e a parte occidental da cordilleira Cantábrica.
3) As cordilleiras de pregamento son grandes elevacións montañosas que xurdiron na oroxénese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios calcarios, depositados polo mar na era secundaria. Distínguense dous tipos:
- Cordilleiras intermedias, pregamento de materiais depositados nos bordos dos zócolos (Sistema Ibérico e parte oriental da cordilleira Cantábrica).
- Cordilleiras alpinas, pregamento de materiais depositados en xeosinclinais ou fosas mariñas longas e profundas (Pireneos e cordilleiras Béticas). Teñen fortes pendentes e formas escarpadas.
4) As concas sedimentarias ou depresións: zonas afundidas formadas na era terciaria e cheas con sedimentos de calcaria, arxila, arenitos e margas. As concas sedimentarias son de dous tipos: as concas sedimentarias formadas polo afundimento dun bloque dun zócalo a causa das presións oroxénicas da era terciaria (depresións das mesetas do Douro, Texo e Guadiana); e as depresións prealpinas, localizadas a ambos os lados das cordilleiras alpinas (depresións do Ebro e do Guadalquivir). As concas sedimentarias son relevos horizontais ou suavemente inclinados porque non foron afectados por oroxéneses posteriores.
jueves, 11 de febrero de 2016
Recopilación prácticas
Dejo aquí una interesante recopilación de diversas prácticas de todo tipo que se plantearon en varios ejercicios de las PAU en toda España. Recomiendo repasar las de la diapositiva 79 a 91 para el parcial del día 22.
martes, 2 de febrero de 2016
Tema 8: “Situación actual da industria en España e Galicia”
“Situación actual da industria en España e Galicia”. a) Desafíos: problemas estruturais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía) e consecuencias da incorporación á Unión Europea. b) Tendencias recentes da industria en España: globalización e deslocalización.
España é un país integrado no conxunto dos países industriais do mundo. Mais o desenvolvemento da actividade industrial en España non acadou un nivel notable ata a segunda metade do século XX. A crise industrial de 1973- 1974, que evidenciou a necesidade de cambiar os sistemas de produción, coincidiu coa revolución tecnolóxico-informática ou terceira revolución industrial. Desenvolveuse unha nova etapa denominada postindustrial ou informacional, que deu lugar a novos modelos de empresas cunha importancia crecente das novas tecnoloxías, a innovación e a investigación. O ingreso de España na Unión Europea (a partir de 1986) supuxo o final do proteccionismo e a apertura do mercado á competencia exterior, que ten provocado unha reconversión industrial e peche de moitas industrias non competitivas.
Desafíos: problemas estruturais e consecuencias da incorporación á Unión Europea.
A industria española presenta diversos problemas estruturais que afectan negativamente á súa competitividade fronte á economía europea e global:
• Existe un escaso número de grandes empresas,
• A produtividade industrial é inferior á da Unión Europea.
• O nivel de intensidade tecnolóxica é baixo, e a porcentaxe de investimento en I+D é insuficiente.
Todo isto provoca unha balanza tecnolóxica deficitaria: as principais empresas de automóbiles, maquinaria eléctrica, aparellos electrodomésticos e produtos farmacéuticos fabrican con patentes estranxeiras, que son un enorme gasto para España que debe pagar pola súa aplicación.
A industria española, tras a entrada na Unión Europea, viviu un proceso de modernización produtiva que ten pasado por sucesivas crises (1990-1993, e a actual, desde 2007-2008). A mediados da década de 1990, a industria española, recuperada da primeira reconversión industrial, convertírase no sector de actividade máis produtivo grazas á moderación salarial e á flexibilidade na contratación laboral. A economía medraba por enriba da media europea e aumentaba o investimento español nos países da Unión Europea, mentres que en Portugal, o norte de África e Latinoamérica se instalaban empresas españolas.
Tendencias recentes da industria en España: globalización e deslocalización.
A industria tivo un ritmo positivo de crecemento de vendas, produción e demanda, aínda que vai perdendo importancia dentro do conxunto de actividades económicas a causa da terciarización xeral da economía e do emprego.
A crise financeira de 2007, xurdida inicialmente nos Estados Unidos, afecta posteriormente a toda a economía mundial. Na Unión Europea iniciouse unha tendenza xeral á baixa, que en España se reflicte nunha recesión da carteira de pedidos, un aumento dos stocks e unha desaceleración do emprego.
A incorporación de novos países á UE afecta á industria española por diversos motivos: estes países gozan dunha maior proximidade ao grande eixe industrial europeo que constitúen os países nórdicos, Alemania e o Norte de Italia; ademais, a estrutura produtiva é semellante á española, a man de obra máis barata, e a súa produtividade e cualificación en alta tecnoloxía, maior. Así mesmo, o investimento de capital estranxeiro permitiulles a implantación de empresas de alta tecnoloxía, co que aumentou o seu potencial industrial dentro da UE.
Un dos sectores da industria española máis afectados é o dos automóbiles, no que España mantivo un bo ritmo de exportacións; o sector está dominado por empresas de capital estranxeiro que poden deslocalizar as industrias na procura de menores custos.
O actual tecido industrial español estase a incorporar á globalización económica, de maneira que as nosas zonas industriais se configuran como puntos dunha rede de produción a nivel mundial. Nunha economía globalizada, as empresas buscan a competitividade para aumentar a súa cota de mercado; disto derívanse as causas da deslocalización: a busca de menores custos laborais e de mellores condicións fiscais e técnicas. Por esta razón, as empresas se trasladan a lugares como o Leste de Europa, Sueste asiático, China,...As consecuencias das deslocalizacións son o incremento da taxa de paro e a perda de emprego no sector secundario, que tende cada vez máis a terciarizarse.
Situación da industria en Galicia.
En 1955, cando outras comunidades españolas comezaban o seu despegue industrial, perto do 70% da poboación galega aínda se dedicaba ás actividades agrícolas. Así pois, o proceso industrializador en Galicia estivo marcado por un evidente atraso, debido non só á falta de iniciativas locais, senón á deficiente organización do sector primario e a súa posición periférica e mal comunicada con respecto aos principais centros de decisión.
A adaptación da industria de Galicia aos novos sistemas produtivos impostos polo proceso de globalización dos mercados, e os problemas que provocou a recesión económica de 2008 requiren novas políticas industriais.
Os desafíos que debe afrontar a industria galega céntranse na mellora da súa competitvidade, tanto no mercado nacional coma no internacional. Para iso deberá superar os problemas máis importantes que dificultan o seu desenvolvemento industrial:
- Baixo investimento en I+D de Galicia dificulta a innovación tecnolóxica da industria. O gasto en I+D durante o ano 2007 supuxo 1,03% do PIB, mentres que no conxunto de España representou o 1,27% e na UE-27 1,83%.
- A produtividade industrial é inferior á media española, no obstante nos últimos anos incrementouse grazas ao desenvolvemento tecnolóxico impulsado por empresas e institucións.
- O tecido empresarial no que predominan as PEMEs dificulta o aumento do investimento en I+D. Este tipo de empresas dispón de menores recursos financeiros para desenvolver proxectos de investigación e desenvolvemento, aínda que tamén unha maior flexibilidade para afrontar crises económicas e adaptarse a novos mercados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



